Tal como anunciamos no correo de principio de curso o XXXIII festival A Mocidade coa Lingua xa está aquí, e será no auditorio de Ferrol o venres 10 de abril
Para particcipar só tedes que cubrir o formulario que achegamos a continuación:
Se tedes a intención de participar non é preciso que cubrades todos os campos, co nome do centro, nome do grupo e persoa de contacto sería suficiente por agora. Nas vindeiras semanas pediríamos o resto da información.
Achegamos anexas as bases do festival.
