CICLO DE CINE EN GALEGO DE PELÍCULA
O Concello de Ferrol en colaboración coa Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística (CENL) recupera o tradicional ciclo de cine,En galego de película, para as alumnas e os alumnos de Ferrol e centros da comarca pertencentes á CENL.
Son dúas as películas que se ofertan para os diferentes niveis do ensino non universitario. As proxeccións para o ensino secundario, bacharelato e ciclos formativos, terán lugar o día 28 de febreiro, martes ; para educación infantil e educación primaria serán o día 1 de marzo, mércores. Todas elas no Teatro Jofre.
Niveis | Data | Película | Horario dos pases | Lugar |
Bacharelato, ciclos formativos e ESO | Martes 28 de febreiro | Cuñados | 1a sesión 10.00 2a sesión 12.00 3o sesión 16.15 h | Teatro Jofre |
E. infantil e E.primaria | Mércores 1 de marzo | Valentina | 1o sesión 10.00 2 asesión 12.00 | Teatro Jofre |
A inscrición pódese efectuar desde a recepción deste escrito ata o 17 de febreiro no enderezo electrónico gnl@ferrol.es
Non se admite a inscrición vía telefónica.
Para obter máis información pode chamar ao 981 944000, ext. 202
Importante: co obxectivo de garantir un mínimo de prazas a todos os centros solicitantes, comunicaráselles o número de prazas que se lles concedan unha vez rematado o prazo de inscrición.
Ferrol, 7 de febreiro de 2023
A concelleira-delegada de Normalización Lingüística
Cristina Prados Rubio