O vindeiro 25 de outubro os centros de Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato de Ferrol e Comarca voltan o recitado á súa normalidade cun éxito de participación que completa o aforo só cos centros participantes polo que xa non podemos ofertar prazas xerais a outros centros como público.
O Colexio Ludy e o Atios de Valdoviño, os institutos Sofía Casanova, Canido, Concepción Arenal, Saturnino Montojo, Ricardo Carvalho Calero e As Telleiras de Narón encherán de novo o C.C. Carvalho Calero de lírica e música, da música da lírica galega.
