No día de hoxe, 24 de marzo de 2022, a Coordenadora vén de participar nos actos conmemorativos do pasamento de Ricardo Carvalho Calero. Aprobado primeiro no Consello da Lingua, do que a Coordenadora forma parte, o evento consistiu na inauguración dunha placa co nome do ilustre e plantouse un carvalho no recinto do campus do Esteiro. Concello, Universidade e Asociacións a prol da lingua facendo historia.






